Segundo Tinsa as vivendas do corredor mediterráneo teñen maior rendibilidade que a capital | Observatorio de Vivenda

Segundo Tinsa as vivendas do corredor mediterráneo teñen maior rendibilidade que a capital

Segundo Tinsa as vivendas do corredor mediterráneo teñen maior rendibilidade que a capital

De media, os prezos das vivendas subiron un 4,3% segundo Tinsa. Iso sí, hai diferenzas entre comunidades autónomas. Onde máis, en País Vasco (9,4%) e Galicia (6,8%).

A pesares deste incremento, os prezos aínda están un 28,2% por debaixo dos máximos alcanzados en 2007, xusto antes da crise financeira. Porque, en liñas xerais, o mercado está a recuperarse tras a pandemia. Segundo datos de Knight frank, son dúass cidades andaluzas as que presentan un maior incremento, trátase de Málaga e Sevilla. A capital da Costa do Sol foi a que experimentou unha maior subida durante 2021. En concreto, un 7,6%. Por tanto, por encima da media do 4,3%. Polo que respecta á capital hispalense, ese incremento foi do 3,9%. Xa máis afastada está Valencia. No seu caso, a subida do prezo foi do 3,4%. E tanto Madrid como Barcelona atópanse a ‘anos luz’ de Málaga. A capital de España tivo un incremento no prezo da vivenda do 2,9% mentres que a Cidade Condal quedou só nun 1,3%.

O estudo de Knight Frank levouse a cabo a nivel mundial. En concreto analizáronse 150 cidades dos cinco continentes. E atendendo aos datos amosados polas cidades españolas, pódese dicir que o retorno dunha burbulla inmobiliaria está todavía lonxe.

Fonte | El Español