Segundo un estudo da consultora JLL, máis de 17.000 vivendas novas destinadas ao alugueiro chegarán ao mercado nos próximos cinco anos | Observatorio de Vivenda

Segundo un estudo da consultora JLL, máis de 17.000 vivendas novas destinadas ao alugueiro chegarán ao mercado nos próximos cinco anos

Segundo un estudo da consultora JLL, máis de 17.000 vivendas novas destinadas ao alugueiro chegarán ao mercado nos próximos cinco anos

A finais do 2020 o 75,2% dos fogares españois vivían en réxime de propiedade segundo datos do INE, un dos valores máis baixos das estadísticas recompiladas. Estes valores poden deberse, entre outros motivos, á crecente mobilidade xeográfica, escenario que parece que continuará nos próximos anos, o que eleva a oferta de vivendas de alugueiro segundo JLL.

Dita consultora calcula que entre 2021 e 2024 chegarán ao mercado arredor de 15.000 inmobles de nova construción destinados ao alugueiro, o que sitúa ao modelo "build to rent" como protagonista.

Na actualidade o alugueiro en España sitúase en torno ao 24% do parque residencial, e todo apunta a que nos próximos anos seguirá crecendo ata chegar aos niveis doutros países europeos, estimando os niveis de réxime de alugueiro entre o 35%-40%, producíndose unha consolidación deste réxime entre a poboación nova.

 

Fonte | Idealista