Segundo un estudo de Pisos.com, Galicia é a comunidade con máis edificios que necesitan unha reforma | Observatorio de Vivenda

Segundo un estudo de Pisos.com, Galicia é a comunidade con máis edificios que necesitan unha reforma

Segundo un estudo de Pisos.com, Galicia é a comunidade con máis edificios que necesitan unha reforma

Ata o 22% dos inmobles de Galicia necesitan dalgunha reforma previa a entrar a vivir, segundo un estudo realizado por Pisos.com. Esta cifra corresponde á máis alta das comunidades, e de feito, a única que supera o 20%. Adicionalmente, Galicia é unha das rexións con menos vivenda de segunda man rehabilitada, tan só un 3%, a mesma cifra que Aragón. Doutra banda, as comunidades de Andalucía e Canarias, ambas cun 8 % son as que teñen menos edificacións que necesitan unha reforma. A nivel provincial, o territorio cun maior número de inmobles pendentes de obra é Ourense, onde a cifra corresponde a un 26%. Entre as capitais de provincia, a que máis vivendas necesitan reforma é San Sebastián (un 25%), e a que menos, Cáceres (5%). 

Segundo este estudo, A Rioxa é a autonomía que rexistra a maior proporción de vivendas en bo estado, cun 73%. A de Madrid é a que menos proporción alcanza, o 57%, sendo ademáis a única que non chega ao 60%. A nivel nacional, o 88% das vivendas de segunda man están para entrar a vivir, das cales o 66% está en bo estado, o 15% por estrear, e o 7% xa foron reformadas. 

Fonte.- El Español