Seis vivendas do Conxunto Histórico de Tui reciben 84.000 euros para a súa rehabilitación | Observatorio de Vivenda

Seis vivendas do Conxunto Histórico de Tui reciben 84.000 euros para a súa rehabilitación

Seis vivendas do Conxunto Histórico de Tui reciben 84.000 euros para a súa rehabilitación

O Concello de Tui aprobou novas axudas a vivendas na Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Tui, correspondentes á fase décimo terceira do convenio de axudas entre o Concello, Fomento e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Así, aprobáronse inicialmente as axudas para a totalidade das solicitudes recibidas, cun importe total de cerca de 84.000 euros, cofinanciados polo Ministerio de Fomento e polo IGVS con 67.800 euros e 16.000 euros, respectivamente.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán as persoas propietarias de vivendas emplazadas no ámbito da Área de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. As actuacións solicitadas abarcan obras de melloras de eficiencia enerxética con aislamiento de cubertas e cambio de carpinterías, tamén de restauración das fachadas e obras de accesibilidade no interior das vivendas.

Fonte | Faro de Vigo