Servihabitat Trends destaca a Galicia como a segunda comunidade con máis construción nova de España en 2019 | Observatorio de Vivenda

Servihabitat Trends destaca a Galicia como a segunda comunidade con máis construción nova de España en 2019

Servihabitat Trends destaca a Galicia como a segunda comunidade con máis construción nova de España en 2019

O VIII Informe do mercado residencial elaborado por Servihabitat Trends estima que Galicia superará, coa finalización do 2019, as 22 000 transaccións inmobiliarias, o que implica un aumento do 12,7 % dende o ano pasado na compravenda de vivendas e duplicar o ritmo de evolución estatal.

Dentro desta tendencia, as zonas con maior dinamismo son Vigo e A Coruña, aínda que en Lugo tamén destaca o incremento da actividade promotora e o desenvolvemento de obras novas. En números brutos, estas contas parecen indicar que se pechará o ano con 3.272 novas unidades de vivendas finalizadas, o que significa un aumento do 38,2 % no ritmo construtivo, superando a media estatal.

Fonte.- El Correo Gallego