A sinatura de hipotecas sobre vivendas en Galicia aumenta un 34,4% en febreiro | Observatorio de Vivenda

A sinatura de hipotecas sobre vivendas en Galicia aumenta un 34,4% en febreiro

A sinatura de hipotecas sobre vivendas en Galicia aumenta un 34,4% en febreiro

As hipotecas constituídas sobre vivenda disparáronse en Galicia un 34,4% interanual o pasado febreiro, alcanzando os 1.363 préstamos, segundo os datos publicados polo INE, e recollidos por Europa Press. Desta forma, a comunidade galega experimentou un incremento superior á media española, que se situou nun aumento do 3,8%, alcanzando as 37.232 hipotecas. O importe total superou os 139,7 millóns de euros en Galicia, cun incremento do 19% con respecto ao mesmo mes do ano 2023, a pesar de que na media de España descendeu un 1,6%, ata os 5.068 millóns de euros. Adicionalmente, o número de préstamos sobre fincas chegou aos 1.831, un 28,9 % máis, cun importe superior aos 200 millóns, e un incremento do 5,7%. Destas, 40 foron fincas rústicas e o resto, 1.791, urbanas, das cales 1.363 eran vivendas. 

A nivel nacional, alcanzáronse os 37.232 préstamos, cun crecemento do 3,8%, e un tipo de interese medio que chegou ao 3,33%, fronte ao 3,46 % de xaneiro. O importe medio sobre vivenda baixou un 5,2%, ata os 136.145 €, mentres que o capital prestado diminuíu un 1,6%, ata os 5.068,9 millóns de euros. O 44,7% das hipotecas constituíronse en febreiro a tipo variable, e o 55,3% a tipo fixo. O tipo de interese medio foi do 3,07% para as variables e do 3,57% para as de tipo fixo. 

Fonte.- Europa Press