Só en 11 das 107 cidades máis poboadas de España é máis rendible alugar que comprar unha vivenda, segundo un estudo da tasadora UVE Valoracións | Observatorio de Vivenda

Só en 11 das 107 cidades máis poboadas de España é máis rendible alugar que comprar unha vivenda, segundo un estudo da tasadora UVE Valoracións

Segundo un estudo publicado recentemente pola tasadora UVE Valoracións, alugar unha vivenda compensa máis que comprala só en 11 das 107 cidades máis poboadas de España. Estas 11 cidades son San Sebastián, Getxo (Biscaia), Sant Cugat do Vallès (Barcelona), Marbella (Málaga), Palma de Mallorca; Alcobendas, Majadahonda, Pozuelo de Alarcón, en Madrid; Barcelona, A Coruña e Santiago de Compostela,

Para levar a cabo esta análise, calculouse a cota hipotecaria que corresponde a un crédito do 80% do valor da oferta, con duración de 24,58 anos e un tipo de interese do 1,52%, tomando como referencia o valor de xuño publicado pola Asociación Hipotecaria Española e os prezos do portal inmobiliario Idealista de oferta en venda e alugueiro.

A conclusión é que as mellores opcións para os potenciais inquilinos son as 11 cidades xa nomeadas, aínda que nas cidades cuxo porcentaxe está entre o 85% e o 75% tamén se considera que a opción de alugar é tamén máis favorable. Estas son: Fuengirola (Málaga), co 83,8%; Orihuela (Alacante), co 83,8%; Rivas-Vaciamadrid (Madrid), co 83,3%; Madrid (83,3%); Cádiz (82,1%), Estepona (Málaga), co 81,9% ; Ourense (80,6%) e Bilbao (80,4%).

Fonte | El Economista