Sobe en abril o valor da vivenda de segunda man en España segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

Sobe en abril o valor da vivenda de segunda man en España segundo Idealista

Sobe en abril o valor da vivenda de segunda man en España segundo Idealista

O prezo da vivenda de segunda man rexistrou no índice de prezos inmobiliarios de Idealista unha media de 1.963 euros/m2 no mes de abril o que supuxo un aumento do 7,3% interanual e 1% mensual.

As autonomías onde máis aumentou o valor da vivenda usada en comparación a marzo foron  Baleares (1,7%), Canarias (1,6%), Comunidade Valenciana (1,6%), Navarra (1,3%) e Andalucía (1,1%) mentres que as máis caras foron Baleares con 3.810 euros/m2 seguida pola Comunidade de Madrid (3.134 euros/m2)País Vasco (2.812 euros/m2) e Cataluña (2.342 euros/m2) fronte as máis económicas que foron Castela-A Mancha (896 euros/m2), Estremadura (956 euros/m2) e Murcia (1.139 euros/m2).

Fonte.- Idealista