Sobe un 41% o prezo do alugueiro en España nos últimos cinco anos | Observatorio de Vivenda

Sobe un 41% o prezo do alugueiro en España nos últimos cinco anos

Sobe un 41% o prezo do alugueiro en España nos últimos cinco anos

A variación acumulada no prezo da vivenda en alugueiro en España sitúase nun 41% dende 2016 ata xuño do 2021, pero o valor dende fai un ano caeu nun -4% segundo un estudo realizado polo portal inmobiliario Fotocasa.

O prezo medio pasou de 592 euros ao mes en 2016 a 835 euros ao mes en xuño de 2021, situándose o maior incremento na comunidade autónoma de Canarias cun 49%, seguido da Comunidade Valenciana cun 46%.

Entre as cidades con maior incremento acumulado do alugueiro en España os últimos 5 anos está San Cristóbal da Laguna cun 62% e Mijas cun 49%. Por outra banda, as cidades con descensos no prezo da vivenda en alugueiro son Torrevieja cun -0,7% e Barcelona capital cun -0,5%.

 

 

Fonte | Fotocasa