Soben as cifras de licenzas de obra outorgadas polo Concello de Oleiros | Observatorio de Vivenda

Soben as cifras de licenzas de obra outorgadas polo Concello de Oleiros

Soben as cifras de licenzas de obra outorgadas polo Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros outorgou un total de 67 licencias de obra maior no que vai de ano para a construción de vivendas, segundo indicaron fontes municipais, superando as cifras de todo o ano 2018, que outorgou un total de 64 permisos.

A crise económica de 2008 parou o sector da construción en Oleiros, pero non foi así coa Covid-19. A construción supón un gran ingreso nas arcas municipais polas licenzas de obra e de primeira ocupación. En 2020 Oleiros recadou 1,4 millóns no imposto de obras.

Son numerosas as obras xa comezadas dos inmobles en diferentes zonas, como os de Santiago Sur Galicia, que xa comezou os traballos para levantar dous edificios cun total de 18 pisos ou a promotora Abeconsa, que comezou os traballos para levantar unha promoción en As Galeras.

 

 

Fonte | La Opinión