A suba do IPC encarecerá o prezo dos alugueiros en Galicia 22 euros mensuais e 272 euros ao ano de media | Observatorio de Vivenda

A suba do IPC encarecerá o prezo dos alugueiros en Galicia 22 euros mensuais e 272 euros ao ano de media

A suba do IPC encarecerá o prezo dos alugueiros en Galicia 22 euros mensuais e 272 euros ao ano de media

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) alcanzou en outubro o seu nivel máis alto en case 30 anos, un 5,4% interanual, case un punto e medio por encima da taxa rexistrada en setembro.

Este incremento da inflación está a afectar aos contratos de arrendamento de vivendas, xa que suporá que en Galicia, os inquilinos teñan que asumir subas das rendas mensuais duns 23 euros durante o próximo ano, o que suporá que, ao ano, paguen 272 euros máis para unha vivenda tipo de dous dormitorios.

A nivel provincial, Pontevedra lidera a suba en Galicia cunha alza de 26 euros ao mes e 506 euros de renda mensual. Séguelle A Coruña (25 euros máis ata os 485) e Ourense, con 22 euros menuales ata pagar, de media, 422 euros tras a suba. En Lugo os prezos situaríanse en 343 ao mes tras unha alza de 18 euros.

Fonte | La Opinión Coruña