Sube o prezo da vivenda de segunda man en España en novembro despois de 11 meses de caídas | Observatorio de Vivenda

Sube o prezo da vivenda de segunda man en España en novembro despois de 11 meses de caídas

Sube o prezo da vivenda de segunda man en España en novembro despois de 11 meses de caídas

En España sube un 1% a variación mensual do prezo da vivenda de segunda man e un 0,7% na súa variación interanual, situando o seu prezo en 1.877 euros/men novembro, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este último valor é a primeira suba (0,7%) do prezo da vivenda detectado este ano despois de 11 meses de caídas interanuais en cadea (dende decembro de 2019).

En España 12 comunidades autónomas presentan datos mensuais positivos en novembro de 2020. Catro das comunidades mostran incrementos por encima do 1% son: Cataluña (2,8%), Aragón (2,1%), Extremadura (1,8%), La Rioja (1,1%). Por outro lado, as comunidades que descendan o prezo da vivenda en novembro son: Castilla-La Mancha (-2,7%), Navarra (-2,5%), Madrid (-0,6%), Canarias (-0,4%) e País Vasco (-0,4%).

En canto ao ranking de Comunidades Autónomas (CC.AA.) co prezo da vivenda de segunda man máis caras en España, atópanse Madrid e País Vasco, cos prezos de 3.046 euros/m2 e os 2.877 euros/m2, respectivamente, seguidas de Baleares con 2.805 euros/m2, Cataluña con 2.499 euros/m2, Canarias con 1.744 euros/m2  e Cantabria con 1.740 euros/m2.

Fonte | Fotocasa