Sube un 8% o prezo da vivenda en España durante o segundo trimestre | Observatorio de Vivenda

Sube un 8% o prezo da vivenda en España durante o segundo trimestre

Sube un 8% o prezo da vivenda en España durante o segundo trimestre

Segundo o INE, o Indice de Prezos de Vivenda subiu durante o segundo trimestre do ano un 8% con respecto aos datos do mesmo período do ano pasado, o que fai xa 33 meses de subidas continuas en canto a datos interanuais sendo o custo da vivenda nova o que máis aumentou, un 8,8% fronte ao 7,9 da usada. Estas subidas son lixeiramente inferiores ás producidas nos primeiros tres meses do ano onde a alza dos precios chegou ao 8,5 interanual.

Por comunidades, Pais Vasco e La Rioja son as únicas onde o prezo aumentou con respecto aos primeiros 3 meses do ano, 6,5% e 7,9% respectivamente mentres que as baixadas as lideran Extremadura, 1,5% e Canarias 1,6% que pese a esta baixada trimestral é unha das comunidades onde o prezo aumentou máis en comparación a 2021, un 9,4% superada por Cantabria 9,9% Andalucía (10,1%) e Baleares (10,9%)

Fonte.- Idealista