A subida do Euribor dispara as hipotecas, que poderían encarecerse máis de dous mil euros ao ano, segundo os cálculos de Cinco Días | Observatorio de Vivenda

A subida do Euribor dispara as hipotecas, que poderían encarecerse máis de dous mil euros ao ano, segundo os cálculos de Cinco Días

A subida do Euribor dispara as hipotecas, que poderían encarecerse máis de dous mil euros ao ano, segundo os cálculos de Cinco Días

O euribor continua coa súa tendencia á alza e pechou setembro cunha media mensual do 2,218 %  a máis alta dende o ano 2011 , hai un ano estaba no -0,492 % o que supón o diferencial máis alto da súa historia, chegando ao 2,6 % diario durante este mes, o seu valor máximo dende xaneiro de 2009. Estas subidas, segundo os expertos e como recolle o diario especializado CincoDías, seguirán crecendo nos últimos meses do ano e a previsión e que peche este 2022 tres por cento. 

Esta subida do euribor, o principal índice polo que se rixen as hipotecas en España, provocará, segundo os cálculos do diario CincoDías, un aumento récord nas cuotas hipotecarias a tipo variable en España, así para un préstamo medio de 150.000 € a 25 anos cun diferencial do un por cento a súbida prevista nas cuotas, sempre segundo o diario mencionado, sería de 193 euros mensuais de media, un total de 2316 € ao ano.

Fonte.- CincoDías