Subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVita (2019). IGVS, Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVita (2019). IGVS, Xunta de Galicia

Subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVita (2019). IGVS, Xunta de Galicia

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente as unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha edificación ou nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitir aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes rehabilitaren edificacións ou vivendas do seu patrimonio municipal para destinalos a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta resolución.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación desta convocatoria.

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas por un importe de 200.000 euros, e con cargo á anualidade 2019 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 31 de maio de 2019.

Máis informacion no IGVS

Diario Oficial de Galicia do 05-02-2019