Subvencións do Programa Rehaluga dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación no marco do programa de vivendas baleiras (2020). IGVS, Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Subvencións do Programa Rehaluga dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación no marco do programa de vivendas baleiras (2020). IGVS, Xunta de Galicia

Subvencións do Programa Rehaluga dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación no marco do programa de vivendas baleiras (2020). IGVS, Xunta de Galicia

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas nas que se realizaron actuacións para a súa incorporación ao Programa de vivendas baleiras, no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, que se tramitará co código de procedemento VI426C.

A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Máis información

Diario Oficial de Galicia