Subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres (2020). IGVS, Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres (2020). IGVS, Xunta de Galicia

Subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres (2020). IGVS, Xunta de Galicia

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar as antigas vivendas de mestres, as doutros oficios e as demais edificacións da súa titularidade e as adxudiquen, en réxime de alugamento, conforme o procedemento establecido no Programa de vivendas baleiras ou a norma que o substitúa, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.

A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Máis Información

Diario Oficial de Galicia