Tan só o 7% das vivendas transferidas en A Mariña son de nova construción | Observatorio de Vivenda

Tan só o 7% das vivendas transferidas en A Mariña son de nova construción

Tan só o 7% das vivendas transferidas en A Mariña son de nova construción

A raíz dos datos publicados polo portal do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a peche de 2023, conclúese que a compravenda de casas e pisos volve aumentar en A Mariña, pero grazas aos inmobles de segunda man. Adicionalmente, a base estatística permite comprobar como na costa lucense apenas hai transaccións inmobiliarias de vivenda protexida. 

Na zona costeira de Lugo formalizáronse en 2023 un total de 1.242 operacións inmobiliarias de compravenda, das que tan só 93 (o 7,3%) corresponderon a edificios de nova construción. Das 93 operacións, 28 foron rexistradas en Barreiros e 24 en Foz. É dicir, dous municipios concentraron o 56 por cento da actividade na comarca. Doutra banda, no pasado só se contabilizaron 20 operacións de compravenda con vivenda protexida, sendo case a metade no concello de Burela. 

Comparando os resultados co ano 2022, a tendencia semella positiva para o sector, posto que o ano pasado, na Mariña efectuáronse 117 transaccións inmobiliarias máis que en en año anterior. No 2022 transferíronse 86 edificios novos, sete menos que no 2023, e oito de vivenda protexida, menos da metade que no ano pasado. Neste apartado destaca o concello de Barreiros, no que se completaron 60 operacións máis dun curso para outro.

Fonte.- La Voz de Galicia