A Tesourería da Seguridade Social saca a poxa unha parcela de case 2.500 metros cadrados para a construción dun edificio residencial en Vigo | Observatorio de Vivenda

A Tesourería da Seguridade Social saca a poxa unha parcela de case 2.500 metros cadrados para a construción dun edificio residencial en Vigo

A Tesourería da Seguridade Social saca a poxa unha parcela de case 2.500 metros cadrados para a construción dun edificio residencial en Vigo

A Tesourería da Seguridade Social sacará a poxa un solar na estrada provincial no que se poden construír 103 vivendas en sete alturas, cun prezo mínimo para presentar ofertas de 4.614.189 euros. Para a presentación de propostas económicas hai que depositar unha fianza de 230.170 euros como garante de solvencia das empresas ou particulares que decidan comprar o terreo para o proxecto.

É unha leira de 2.475 metros cadrados segundo o catastro, pero de 2.483 segundo o rexistro de propiedade, máis acertado debido a que se debe verigicar antes da poxa a medición do terreo. Forma parte do plan parcial de Quirós.

Os interesados na poxa do terreo poderán presentar as ofertas por escrito en sobre pechado ata o mediodía do 10 de novembro no rexistro xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Pontevedra, en Vigo.

Fonte.- La Voz de Galicia