Toronto, Frankfurt e Zúrich son as cidades do mundo onde existe maior risco de burbulla inmobiliaria segundo UBS | Observatorio de Vivenda

Toronto, Frankfurt e Zúrich son as cidades do mundo onde existe maior risco de burbulla inmobiliaria segundo UBS

Toronto, Frankfurt e Zúrich son as cidades do mundo onde existe maior risco de burbulla inmobiliaria segundo UBS

UBS realizou unha análise sobre o risco da burbulla inmobiliaria en 25 mercados inmobiliarios de todo o mundo chegando a conclusión que a subida de xuros por parte dos bancos centrais é a principal causa da subida dos prezos no sector inmobiliario que xa ven mostrando un forte auxe nos últimos dous anos, sobre todo postpandemia, destacando nos Estados Unidos, Canadá e as principais capitais europeas.

A cidade que presenta un risco máis alto, inflúen tanto os prezos coma a oferta que en moitos lugares é escasa, é Toronto cun 2,24 (UBS situa o risco no 1,5), seguida por Frankfurt, Zúrich e Múnich que presentan un índice de 2,21, 1,81 e 1,80 respectivamente. No risco alto tamén se atopan outras cidaes europeas coma Ámsterdam e asiáticas coma Tokio ou Hong Kong. Todas estas cidades presentan altos prezos na vivenda con subidas nalgúns casos de ata o 50% segundo UBS.

Fonte.- Idealista