As transaccións de vivendas en Reino Unido alcanzan o nivel máis alto de toda a década debido ás hipotecas máis baratas | Observatorio de Vivenda

As transaccións de vivendas en Reino Unido alcanzan o nivel máis alto de toda a década debido ás hipotecas máis baratas

As transaccións de vivendas en Reino Unido alcanzan o nivel máis alto de toda a década debido ás hipotecas máis baratas

As hipotecas baratas e a continua migración debido ás novas preferencias inmobiliarias xurdidas da pandemia, foron impulsando o mercado da vivenda no Reino Unido, alcanzando o nivel máis alto de toda a década no mes de agosto, xa que se rexistraron preto de 106.150 transaccións residenciais. 

Esta cifra supón un 24,8% máis de transaccións que no mesmo mes do ano anterior e unha mellora con respecto ao mes anterior, cando as vendas caeran.

A causa principal deste aumento está na maior dispoñibilidade de hipotecas para os primeiros compradores e ás súas condicións máis vantaxosas, xa que os intereses son moito máis baixos e non hai tantas restricións á hora de conceder préstamos.

Fonte | Financial Times