Tui contará con 150.000 euros para a rehabilitación do Conxunto Histórico | Observatorio de Vivenda

Tui contará con 150.000 euros para a rehabilitación do Conxunto Histórico

Tui contará con 150.000 euros para a rehabilitación do Conxunto Histórico

A área de Rehabilitación Integral (ARI) de Tui recibirá máis de 150.000 euros para investir no Conxunto Histórico de Tui, enmarcada na décimo quinta fase de rehabilitación do ARI.

Nesta nova fase investirase na reforma de vivendas con 158.500 euros, dos que o Goberno central achega 63.400 euros, o Concello de Tui 20.500 euros e a Xunta de Galicia 16.383 euros. Os 58.217 euros restantes corren a cargo dos beneficiarios das axudas.

Fonte | Faro de Vigo