Un 20% das vivendas en alugueiro en Vigo teñen un prezo superior aos 1.200 euros, segundo a Asociación galega de inmobiliarias | Observatorio de Vivenda

Un 20% das vivendas en alugueiro en Vigo teñen un prezo superior aos 1.200 euros, segundo a Asociación galega de inmobiliarias

Un 20% das vivendas en alugueiro en Vigo teñen un prezo superior aos 1.200 euros, segundo a Asociación galega de inmobiliarias

Mentres que a demanda de pisos continúa aumentando, na cidade de Vigo nunca houbo tan poucos e tan caros pisos en promedio. O estudo elaborado pola Asociación galega de inmobiliarias (Agalin) amosa a evolución do mercado de alugueiro de vivendas en Vigo, comparando abril de 2022 con xaneiro de 2024, a través das ofertas do portal web Idealista. Segundo este informe, en xaneiro de 2024 as vivendas dispoñibles no mercado para ser alugadas están en 491, mentres que o 15 de decembro de 2022, a cifra era de 624. Isto significa un descenso da oferta de pisos en alugueiro de máis dun 20%. Esta situación ven acompañada de que o porcentaxe de vivendas cun prezo de arrendamento superior aos 1.200 euros duplicouse recentemente. Na actualidade, 2 de cada 10 vivendas alquílanse a este prezo ou superior. 

Doutra banda, o stock de vivendas dispoñibles por menos de 600 euros mensuais en Vigo caeu moito. En abril de 2022 o 33% das vivendas dispoñibles no parque inmobiliario estaban por debaixo deste prezo, mentres que neste momento, a xaneiro de 2024, a cifra é de 41 pisos, é dicir, un 8,35% do total. Corresponde a un descenso de case un 75% en pouco máis dun ano. 

En canto ao resto de rangos de prezos, o informe sinala tamén que en abril de 2022 o 30,82% de vivendas en alugueiro en Vigo estaban no rango de prezos 601-750 €/mes, mentres que na actualidade tan só corresponde ao 16,98%, unhas 196 vivendas. O rango de prezos con máis oferta é 750-900 euros ao mes, máis ou menos 3 de cada 10 vivendas, o dobre que en abril de 2022. Ademáis, a oferta de vivendas co rango de prezos 901-1.200 €/mes tamén duplicouse neste periodo de tempo.

Fonte.- Faro de Vigo