Un 32% das vivendas vendidas en outubro atoparon comprador en menos dun mes, segundo o portal inmobiliario Idealista | Observatorio de Vivenda

Un 32% das vivendas vendidas en outubro atoparon comprador en menos dun mes, segundo o portal inmobiliario Idealista

Un 32% das vivendas vendidas en outubro atoparon comprador en menos dun mes, segundo o portal inmobiliario Idealista

Segundo un estudo publicado polo portal inmobiliario Idealista, unha de cada tres vivendas que se venderon durante o mes de outubro en España non levaba nin un mes no mercado, o que supón un 32% do total. Do resto de vivendas que se venderon o 23% estivo no mercado entre 1 e 3 meses, o 33% estivo entre un trimestre e un ano, e o 12% restante anunciouse por máis dun ano antes de atopar comprador.

A pesar destes bos datos, nos grandes mercados a porcentaxe de operacións que se pechan en menos de 30 días está a reducirse: por exemplo, en Málaga, pasa do 40% de todas as que se pecharon en abril ao 25% actual, en Bilbao do 36% ao 26% actual, en Barcelona do 50% ao 41% e en Madrid do 43% ao 37%. 

Estas diferenzas nos tempos de comercialización poden ser interpretadas como un indicio de estabilización no número de compravendas, aínda que tamén parece estar relacionado coa dificultade que rexistra o mercado para incorporar novo produto ao ritmo que esixe a demanda, o que suporía un maior peso relativo das vivendas que levaban máis dun mes no mercado.

Fonte | Idealista