Un dos últimos edificios singulares da Coruña atópase en estado ruinoso | Observatorio de Vivenda

Un dos últimos edificios singulares da Coruña atópase en estado ruinoso

Un dos últimos edificios singulares da Coruña atópase en estado ruinoso

Trátase do último edificio de liñas clásicas que resiste na glorieta de América da cidade coruñesa, enfronte do Palacio da Ópera. Actualmente, un dos poucos edificios antigos que quedan en pé en pleno centro urbano da cidade, no cal xa se teñen fixado algunhas promotoras. Dende o concello indicaron xa a propietarios e propietarias que mentres non se derrube, débense tomar medidas de seguridade. Agora, aínda que o edificio se atopa en ruína económica, a propiedade non conta coa superficie suficiente para unha nova construción máis ampla, ao mesmo tempo que a fachada se atopa catalogada como protexida. 

Fonte.- La Voz de Galicia