Un edificio de vivendas de Santiago Sur, primeiro coa acreditación «Verde» de sustentabilidade | Observatorio de Vivenda

Un edificio de vivendas de Santiago Sur, primeiro coa acreditación «Verde» de sustentabilidade

Un edificio de vivendas de Santiago Sur, primeiro coa acreditación «Verde» de sustentabilidade

Green Building Council (Consello para a Edificación Sustentable), principal organización de edificación sustentable en España, certificou como «Verde» un edificio de Santiago Sur Galicia no barrio de Santa Marta, o primeiro de Galicia que obtén a acreditación desta consultora internacional. Trátase do edificio M-13, que consta de 36 vivendas.

Esta acreditación «Verde» conleva a certificación enerxética «A», tanto en emisión como en consumo, así como o cumprimento duns esixentes niveis de sustentabilidade medioambiental en diferentes áreas. Unha delas refírese ao emprazamento da parcela onde se levantou o edificio e a dotación deste, con elementos como aparcabicicletas, preinstalación de recarga eléctrica, efecto isla de calor, grao de contaminación lumínica e proximidade á rede de transporte público, entre outros aspectos.

Outro bloque que evalúa Green Building Council para outorgar a acreditación «Verde» refírese á enerxía e a atmósfera, con puntos como a demanda de calefacción e refrixeración, ou as emisións de dióxido de carbono (CO2). 

Esta auditoría tamén puntúa aspectos sociais e económicos, como o acceso a espazos abertos privados, o dereito á intimidade ou o custo da construcción.

Fonte | La Voz de Galicia