Un estudo confirma a Los Ángeles como a cidade cos prezos da vivenda máis inasequibles de EE.UU. | Observatorio de Vivenda

Un estudo confirma a Los Ángeles como a cidade cos prezos da vivenda máis inasequibles de EE.UU.

Un estudo confirma a Los Ángeles como a cidade cos prezos da vivenda máis inasequibles de EE.UU.

Os datos recollidos no estudo oficial anual do condado californiano de Los Ángeles (EE.UU.), confirman a existencia de 58.936 persoas sen teito entre os seus e as súas habitantes. Isto supón un incremento do 12% en termos xerais e do 16% no referente só á cidade. Trátase dun intenso empeoramento ante unha situación que xa era considerada como a peor da historia de Los Ángeles ante os datos do pasado ano. Esta información confirma a cidade como a que conta coa vivenda máis inasequible (non a máis cara) de Estados Unidos en relación á renda media dos seus habitantes.

Fonte.- El País