Un fondo de investimentos pon o seu foco en Canarias para construir 600 vivendas de alugueiro asequible | Observatorio de Vivenda

Un fondo de investimentos pon o seu foco en Canarias para construir 600 vivendas de alugueiro asequible

Un fondo de investimentos pon o seu foco en Canarias para construir 600 vivendas de alugueiro asequible

O fondo de investimento de Solventis anuncia novos proxectos para desenvolver vivenda accesible e pon o foco en Canarias. O fondo de investimento socialmente independente Fondviso destinará 100 millóns de euros a construir un total de aproximadamente 600 vivendas nas Illas Canarias nun modelo de colaboración público-privado. A idea a longo prazo do fondo é captar 650 millóns de euros para construir 12.000 vivendas en todo o territorio nacional, estimando que aproximadamente un 5% irá destinado ao arquipélago canario.

Un dos factores principais polos cales é de interesese o arquipélago para realizar este investimento, é que é unha das comunidades autónomas con maior déficit de vivenda accesible de este tipo. De feito, segundo o informe recente da Diputación do Común, o número de vivendas públicas sociais supoñen únicamente o 0.96% do total.

O obxectivo do fondo, segundo Solventis, é acelerar a creación dun parque público de vivenda de alugueiro accesible e sostible en España, especialmente en territorios como o canario, onde o esforzo financieiro dos fogares é grande con respecto aos seus ingresos. En concreto, segundo os datos presentados polo fondo, o esforzo financeiro das familias canarias é un 36% superior á media nacional.

Fonte.- Idealista