Un piso na Coruña custa un 60% máis que a media en Galicia e un 13% máis que en 2020 | Observatorio de Vivenda

Un piso na Coruña custa un 60% máis que a media en Galicia e un 13% máis que en 2020

Un piso na Coruña custa un 60% máis que a media en Galicia e un 13% máis que en 2020

A comunidade galega é un dos territorios coa maior escalada no custo da vivenda: un 5,9% máis que hai un ano, o triplo que a media no conxunto do país (2% -1.421 euros o metro cadrado-), só por detrás de Baleares (8,2%) e País Vasco (7,4%), segundo o informe do segundo trimestre publicado pola sociedade de tasación Tinsa.

O mapa inmobiliario reflicte unha Galicia a dúas velocidades, co eixo A Coruña-Pontevedra como motor da recuperación e o parón e a caída protagonizados polas provincias de Lugo e Ourense. Na comunidade, a cidade da Coruña mantense á cabeza dos prezos para a adquisición de vivenda nova e usada, cun custo medio de 1.758 euros o metro cadrado, un 60% máis que o desembolso que se require para a compra dun piso na comunidade (1.095 euros) e un 13,1% máis caro que hai un ano, o que supón o maior repunte no conxunto autonómico. 

Na táboa de prezos tamén destaca Vigo, a segunda cidade galega cos custos máis altos: 1.473 euros o metro cadrado, un 7,7% máis que o segundo trimestre do ano COVID e case un 40% por encima da tarifa media do conxunto autonómico.

Fonte | La Opinión Coruña