Un total de 75 propietarios de Caldas de Reis beneficiáronse das axudas para a rehabilitación de vivendas incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 desde 2017 | Observatorio de Vivenda

Un total de 75 propietarios de Caldas de Reis beneficiáronse das axudas para a rehabilitación de vivendas incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 desde 2017

Un total de 75 propietarios de Caldas de Reis beneficiáronse das axudas para a rehabilitación de vivendas incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 desde 2017

Caldas de Reis foi declarada como Área de Rehabilitación Integral (ARI) en 2017 e desde ese ano son 75 os propietarios que se beneficiaron das axudas. Así, en 2021, Caldas, que se atopa na terceira fase da mencionada ARI, recibiu en 2021 un total de 374.000 euros para a rehabilitación de vivendas dos cales o Goberno central achegou 297.000.

Grazas a estas axudas os beneficiarios puideron levar a cabo diferentes traballos de rehabilitación das súas vivendas e o concello puido asumir diferentes actuacións en materia de rexeneración urbana na localidade, como os traballos de mellora no abastecemento cun proxecto cofinanciado entre a Deputación de Pontevedra e os fondos procedentes das axudas ás ARI.

Fonte | Diario de Arousa