Un xuíz anula as cláusulas impostas por un fondo inmobiliario a un contrato de alugueiro ao consideralas abusivas | Observatorio de Vivenda

Un xuíz anula as cláusulas impostas por un fondo inmobiliario a un contrato de alugueiro ao consideralas abusivas

Un xuíz anula as cláusulas impostas por un fondo inmobiliario a un contrato de alugueiro  ao consideralas abusivas

Por primeira vez en España un xulgado condena e retira 9 de 10 cláusulas impostas polo fondo inmobiliario Azora e que foron denunciadas por unha inquilina de Granollers ao consideralas abusivas.

Dentro destas cláusulas que foron retiradas, consideradas polo xulgado fóra da lei e que non respectaban os dereitos dos inquilinos, estaba a "bonificación do alugueiro" que fixo que o fondo aumentara a renda do alugueiro da denunciante, e que se deu noutro contratos da empresa, nun 30% pasando de 690 a 1110 euros mensuais. Outros termos que declarou nulos o xuíz foron por exemplo o recargo do 300% do prezo diario do alugueiro se hai demora na achega de chaves, retención de fianza no caso de desperfectos ou as visitas periódicas sen aviso á vivenda.

Fonte.- eldiario