Unha de cada cinco vivendas que se ofertan en Galicia véndese durante o primeiro mes | Observatorio de Vivenda

Unha de cada cinco vivendas que se ofertan en Galicia véndese durante o primeiro mes

Unha de cada cinco vivendas que se ofertan en Galicia véndese durante o primeiro mes

As propiedades cada vez pasan menos tempo á venda nas inmobiliarias ou nos portais web. O que ocorre en Lugo e Ourense é un bo exemplo: en febreiro do 2020, aproximadamente un 8 % dos inmobles vendíanse no primeiros trinta días desde a súa posta no mercado. Agora esa porcentaxe duplicouse, segundo os datos extraídos dun dos últimos informes publicados polo portal inmobiliario Idealista, que analiza canto tardan en venderse ou alugarse as vivendas desde a súa entrada no circuíto.

Nas provincias de Pontevedra e A Coruña son unha cuarta parte as que se venden antes de que transcorra un mes, aínda que na área coruñesa os tempos retardáronse case dez puntos desde hai un ano.

Con todo, o dinamismo do mercado inmobiliario nas provincias galegas está por baixo da media nacional (33 %): nas principais cidades do país, como Madrid ou Barcelona, menos dun 10 % das propiedades chegan a cumprir un ano publicadas nos portais web. 

Por outra banda, o alugueiro é aínda máis rápido, xa que a metade dos arrendamentos materialízanse en apenas catro semanas.

Fonte | La Voz de Galicia