Unha nova modificación do Código Técnico de Edificación fará os edificios máis sustentables a partir de 2020 | Observatorio de Vivenda

Unha nova modificación do Código Técnico de Edificación fará os edificios máis sustentables a partir de 2020

Unha nova modificación do Código Técnico de Edificación fará os edificios máis sustentables a partir de 2020

O Consello de Ministros vén de aprobar a modificación do Código Técnico de Edificación que establece novas normas encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética das vivendas. O Código Técnico incorpora agora un Documento Básico de Aforro de Enerxía que poderá chegar a supor un aforro enerxético do 40 % en novos edificios.

Este cambio atópase articulado coas iniciativas lexislativas estatais así como coas europeas en materia de enerxías renovables, axudando a rebaixar a enerxía primaria non renovable que poderán empregar as vivendas, que se limita a un nivel máis baixo.

Como última novidade desta modificación lexislativa, engádese a este Documento Básico un apartado referido ás normas de salubridade e seguridade para a protección contra a exposición a radiacións ionizantes que contén as medidas de impermeabilización dos edificios contra o gas radón, de importante presenza en Galicia. 

Fonte.- El País