A Unión de Créditos Inmobiliarios anticipa unha subida no prezo do alugueiro en España no 2023 | Observatorio de Vivenda

A Unión de Créditos Inmobiliarios anticipa unha subida no prezo do alugueiro en España no 2023

A Unión de Créditos Inmobiliarios anticipa unha subida no prezo do alugueiro en España no 2023

A Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI) anticipa para o vindeiro ano no mercado inmobiliario unha situación complicada debido a inflación e as dúbidas que esta supón para a economía, aínda que non agardan que os xuros superen o 3%.

As previsións desta organización son que os prezos do alugueiro sigan tensionados e á alza mentres que para a compravenda de vivenda agárdase unha lixeira baixada nos prezos e na demanda en España aínda que non de maneira significativa.

Fonte.- Idealista