A UXT propón un fondo de rescate para as hipotecas para axudar a 340.000 familias | Observatorio de Vivenda

A UXT propón un fondo de rescate para as hipotecas para axudar a 340.000 familias

A UXT propón un fondo de rescate para as hipotecas para axudar a 340.000 familias

O Unión Xeral de Traballadores, UXT, presentou ao Goberno de España unha proposta para protexer ás familias vulnerables ante os aumentos hipotecarios coa creación dun fondo presupuestario destinado a axudar cos sobrecostes. O sindicato defende a postura como un fondo que quere evitar o endeudamento das familias ante o aumento dos xuros provocado pola inflación crecente, así,  este fondo axudaría co sobrecoste que se xenere nas cuotas se o euribor supera o 1,5 %.

As familias que se poderían beneficiar deste fondo serían aquelas que conten cuns ingresos inferiores a media que publica o INE 1797 euros mensuais brutos en catorce pagas e as persoas o grupos familiares onde existan membros en risco de vulnerabilidade social (vítimas de violencia de xénero, xubilados ou dependentes) onde o pago da hipoteca supere o trinta por cento dos ingresos mensuais da unidade. O fondo tería unha duración de 12 meses.

Fonte.- Cinco Días