Valencia destina 53 millóns a ampliar o parque público de vivenda | Observatorio de Vivenda

Valencia destina 53 millóns a ampliar o parque público de vivenda

Valencia destina 53 millóns a ampliar o parque público de vivenda

A Conselleria de Vivenda e Arquitectura Bioclimática dedicará 53 millóns de euros no próximo exercicio de 2021 a ampliar o parque público da Generalitat Valenciana. A incorporación de novos inmobles copa unha importante partida do groso deste departamento que, ante a actual coxuntura provocada pola pandemia, busca axilizar as fórmulas para dar unha resposta á emerxencia habitacional na Comunitat Valenciana.

En concreto, o proxecto de presupostos da Generalitat Valenciana para o próximo exercicio ascenden a 25.528 millóns de euros, un 11,3% máis, mentres que o gasto elévase aos 19.043 millóns, un 12,2% máis. Do total, a asignación a Vivenda aumenta nun 9,4% ata alcanzar os 207,1 millóns de euros, dos que 53 millóns dedicaránse á ampliación do parque público.

Trátase dunha partida que se incrementa 20 millóns respecto ao pasado ano, ao pasar de 33 millóns en 2020 aos 53 millóns que se destinarán o próximo ano. Dese montante, 30 millóns dedicaranse ao segundo concurso de adquisición de inmobles a particulares, un plan co que se pretende sumar novas vivendas para destinalas ao alugueiro social, así como para poder exercer o dereito de tanteo e retracto.     

Fonte | Idealista