A venda de casas en Galicia alcanza a maior cifra da última década entre xaneiro e marzo | Observatorio de Vivenda

A venda de casas en Galicia alcanza a maior cifra da última década entre xaneiro e marzo

A venda de casas en Galicia alcanza a maior cifra da última década entre xaneiro e marzo

A compravenda de vivendas en Galicia alcanzou a maior cifra da última década no primeiro trimestre. Nunca antes desde 2011 vendéronse tantas casas entre xaneiro e marzo na comunidade galega como no tres primeiros meses deste ano.

Galicia rexistrou 4.706 transaccións de vivendas no primeiro trimestre do ano, o que supón unha alza do 10% en comparación co mesmo período do exercicio anterior, segundo os datos que publicou o Instituto Nacional de Estatística (INE). A última vez que a comunidade galega conseguira unha cifra tan elevada foi fai dez anos, entre xaneiro e marzo de 2011, cando se alcanzaron as 6.111.

A maior parte das compravendas foi vivenda usada (3.512), fronte á nova (1.194).

As provincias atlánticas foron as que tiraron da compravenda de vivendas. A Coruña liderou o incremento cunha suba do 21,2% con respecto ao primeiro trimestre do ano pasado, mentres que en Pontevedra, a suba foi do 16,5% ata as 1.530, a cantidade máis alta na última década. Pola contra, nas provincias do interior caeron as transaccións de casas: en Ourense fixérono un 5,3%, ata as 430, e en Lugo, un 0,8% ata as 448.

Fonte | La Opinión Coruña