A venda de chalets marca máximos históricos en pleno rebrote do covid-19 segundo os rexistradores | Observatorio de Vivenda

A venda de chalets marca máximos históricos en pleno rebrote do covid-19 segundo os rexistradores

A venda de chalets marca máximos históricos en pleno rebrote do covid-19 segundo os rexistradores

Segundo os datos dos Rexistradores da Propiedade, o 20,4% das vivendas que se venderon no terceiro trimestre do ano foron unifamiliares, mentres que os resto foron pisos. En ambos casos son números inéditos, xa que os chalets nunca supuxeran unha de cada cinco transaccións en España. Por exemplo, en verán de 2012 supoñían en torno ao 15%, mentres que en 2019 protagonizaron o 19,1% das operacións de compravenda.

Con respecto ao trimestre precedente rexistrouse un incremento no peso de compravendas de vivenda unifamiliar de 1,94 puntos porcentuais, co correspondente descenso no peso de pisos. Estes resultados supoñen que o peso da vivenda unifamiliar rexistrou o máximo da serie histórica e o peso de vivenda colectiva o seu mínimo histórico. En consecuencia, a evolución de resultados amosa unha intensificación da preferencia pola modalidade de vivenda unifamiliar, normalmente con maior superficie media e espazos abertos (terrazas e xardíns).

Se miramos os datos por CCAA, descubrimos que as cinco que lideran as vendas de chalets son no terceiro trimestre Castilla-La Mancha, Extremadura, Castela e León, Comunidade Valenciana e Andalucía, mentres que o País Vasco é a rexión co peso máis baixo respecto ao total de transaccións.

Fonte | Idealista