A venda de pisos de segunda man impulsa as reformas para aumentar o seu valor | Observatorio de Vivenda

A venda de pisos de segunda man impulsa as reformas para aumentar o seu valor

A venda de pisos de segunda man impulsa as reformas para aumentar o seu valor

A compravenda de vivendas segue en fase ascendente. No mes de outubro, acadou as 46.242 operacións. Trátase dun 22,2% máis que en outubro de 2020. Son datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que pon de manifesto que se trata da maior cifra dende antes da burbulla inmobiliaria de 2007.


A maioría das operacións foron en vivenda usada: 36.898 (un incremento do 22,4%). As de vivenda nova creceron algo menos: un 21,6% (9.344 operacións). É a vivenda usada, co 80% do total das transmisións, a que máis crece. E os propietarios conscientes deste contexto, levan a cabo reformas para así incrementar o seu valor.

Realizar pequenas intervencións pode revalorizar a vivenda até un 20% do seu valor inicial, indican desde o portal habitissimo. Pequenas, ou grandes. Por exemplo, reformar por completo un piso duns 90 metros cadrados roldaría os 50.000 euros.

O boom e tal, que hai empresas de reformas que, na actualidade, xa están a dar citas para o mes de abril. E iso que o prezo das reformas está a subir debido á escasez de materiais, a subida do prezo da luz e dos carburantes, e á falta de man de obra. O incremento do prezo das reformas pode chegat até o 30% respecto do ano pasado.

Fonte | El Español