A venda de vivendas aumenta en febreiro un 6%, impulsada pola construción de vivenda nova | Observatorio de Vivenda

A venda de vivendas aumenta en febreiro un 6%, impulsada pola construción de vivenda nova

A venda de vivendas aumenta en febreiro un 6%, impulsada pola construción de vivenda nova

Segundo os datos do INE, no mes de febreiro rexistráronse 52.796 operacións de compravenda, un 5,8% máis que no mesmo mes do ano 2023, e, desta forma, ponse fin a 13 meses consecutivos de descensos. Este repunte débese principalmente ao incremento das operacións sobre pisos novos, que creceron un 20,8% interanual, mentres que a venda de vivendas usada tamén aumentou, aínda que a un ritmo menor (2,2 %). 

A venda de vivendas de segunda man pechou o mes con 41.268 operacións, mentres que as de vivenda nova alcanzaron as 11.528, o volume máis alto dende xaneiro de 2014. Neste mes de febreiro, o 21,8 % das vivendas transmitidas por compravenda foron novas, mentres que o 78,2 % restante eran usadas. Adicionalmente, o 92,9 % das vivendas foron libres (49.033), polo 7,1 % de vivendas protexidas (3.763). A compravenda de vivenda libre aumentou un 6,7 %, mentres que a de vivenda protexida descendeu un 4,7 %. 

Tan só catro comunidades rexistraron unha caída nas compravendas: Canarias (-12,0%), Baleares (-10,3%), Andalucía (-1,5%) e Castela e León (-1%). Os maiores incrementos sucederon en Navarra (50,6%), Galicia (38,4%) e Murcia (19,5%). As comunidades de Castela-A Mancha, Cantabria, Comunidade Valenciana e Aragón creceron porcentualmente en dous díxitos, mentres que Cataluña (6,8 %) e Estremadura (6,3 %) o fixeron en menor medida, pero máis que a media nacional. Os menores aumentos producíronse en Madrid (0,4%), o País Vasco (1,4%) e Asturias (3%). As únicas comunidades onde se rexistraron máis de 9.000 transaccións foron Andalucía e a Comunidade Valenciana, superando as 9.000. 

Fonte.- Idealista