A venda de vivendas baixa un 30% en Pontevedra | Observatorio de Vivenda

A venda de vivendas baixa un 30% en Pontevedra

A venda de vivendas baixa un 30% en Pontevedra

Segundo os datos do Ministerio de Vivenda, no municipio de Pontevedra pecháronse entre xaneiro e setembro un total de 454 operacións de compravenda, mentres que no mesmo periodo do ano 2022, o resultado foi de 660. Isto corresponde a un descenso do 30% acuciado pola inflación e a subida dos precios das hipotecas. 

En Sanxenxo, o segundo mercado máis importante neste territorio, acumúlanse neste nove primeiros meses do ano un total de 254 transaccións, fronte ás 318 do pasado ano, o que corresponde a unha caída do 17%. 

En toda a comarca so hay catro municipios onde os datos son mellores que no ano pasado: Cerdedo-Cotobade, que pasou de 29 a 33 pisos vendidos, Cuntis, cun aumento das operacións de 7 a 14, A Lama, tamén cun importante aumento de 6 a 18 e Marín, que pasa de 83 a 105.

2021 pechouse cun balance positivo do 16% de pisos novos sobre o total de compravenda de vivendas. En 2022 baixou ata o 11%, pero no ano 2023 a tendencia seguíu á baixa e actualmente sitúase no 6%.

Fonte.- Faro de Vigo