A venda de vivendas cae un 13,7% e os préstamos hipotecarios un 4,5% en marzo, segundo o Consello Xeral do Notariado | Observatorio de Vivenda

A venda de vivendas cae un 13,7% e os préstamos hipotecarios un 4,5% en marzo, segundo o Consello Xeral do Notariado

A venda de vivendas cae un 13,7% e os préstamos hipotecarios un 4,5% en marzo, segundo o Consello Xeral do Notariado

Tras rexistrar un incremento das compravendas de vivenda e a sinatura de hipotecas no inicio de ano, os datos do Consello Xeral do Notariado amosan unha caída do 13,7% interanual das transaccións, ata situarse en 56.559 unidades. A pesar deste descenso con respecto ao ano pasado, é a cifra máis alta de operacións desde decembro. Neste aspecto, as vivendas plurifamiliares diminuíron un 13,9% interanual, alcanzando as 43.761, mentres que as unifamiliares descenderon un 13,2%, ata as 12.797 unidades. 

Ata en 14 comunidades autónomas produciuse un descenso nas transaccións en marzo, sendo A Rioxa (5,6%), Asturias (4,3%) e o País Vasco (2,8%) as únicas comunidades cunha evolución positiva. As caídas máis pronunciadas que a media nacional observáronse en Canarias (-21,4%), Castela-A Mancha (-21,1%), Andalucía (‑20,4%), Cataluña (-16,6%), Castela e León (-14,6%) e Madrid (-14,5%). As demais rexistraron baixadas inferiores á media nacional, como Navarra (-13,6%), Baleares (-11,6%), Aragón (-11,3%), Comunidade Valenciana (-9,7%), Estremadura (-9,1%), Murcia (-6,7%), Cantabria (‑3,3%) e Galicia (-1,7%).

En canto aos préstamos hipotecarios para a compra de vivendas, descenderon un 4,5% interanual, ata as 26.488 operacións. Por comunidades, as caídas déronse en Navarra (-25,2%), Baleares (-19,1%), Castela-A Mancha (-13,9%), Andalucía (-13,8%), Canarias (-9,3%), Estremadura (‑9%), Aragón (-8,5%), Castela e León (-7%), Madrid (-6,7%) e Cataluña (-1,1%). As demais comunidades rexistraron unha evolución positiva, entre as que destacan as que tiveron crecementos superiores ao 10%: Asturias (22,5%), A Rioxa (18,9%), Cantabria (16,1%) e Galicia (14,2%) e, por debaixo desta cifra, País Vasco (7%), Comunidade Valenciana (5,6%) e Murcia (3,7%). 

No que representa á contía media dos préstamos, descendeu un 3,6% interanual, situándose nos 145.134 euros. O importe creceu en nove comunidades e descendeu nas oito restantes. Os maiores incrementos sucedéronse en Baleares (17,5%) e Castela e León (9,1%) y os maiores retrocesos en Navarra (-20,4%) e Aragón (-8,9%).

Fonte.- Idealista