A venda de vivendas novas en Londres cae ao nivel máis baixo desde 2012 pola pandemia | Observatorio de Vivenda

A venda de vivendas novas en Londres cae ao nivel máis baixo desde 2012 pola pandemia

A venda de vivendas novas en Londres cae ao nivel máis baixo desde 2012 pola pandemia

As vendas de vivendas novas en Londres cairon no primeiro trimestre ao nivel máis baixo en case nove anos, unha tendencia que se debe á falta de interese dos propietarios e á escaseza de compradores de inmobles no centro. As vendas retrocederon no primeiro trimestre un 39% interanual, ata as 3.703 unidades, segundo os datos recompilados por Molior London.

O mercado inmobiliario londiniense xa está a notar os efectos da pandemia: cada vez valórase máis o espazo e as zonas verdes e o covid está a provocar caídas nos prezos dos apartamentos céntricos. 

Ademais, os apartamentos tamén perderon popularidade despois de que miles de propietarios descubrisen que os seus edificios poden ser estruturalmente inseguros debido ao revestimento utilizado durante a construción.

Fonte | Idealista