A Vicepresidencia Segunda destinará en 2024 unha partida histórica de case 215 M€ ás políticas de vivenda e solo industrial, un 21% máis que este ano | Observatorio de Vivenda

A Vicepresidencia Segunda destinará en 2024 unha partida histórica de case 215 M€ ás políticas de vivenda e solo industrial, un 21% máis que este ano

A Vicepresidencia Segunda destinará en 2024 unha partida histórica de case 215 M€ ás políticas de vivenda e solo industrial, un 21% máis que este ano

Os orzamentos da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o ano que vén reservarán case 215 millóns de euros para desenvolver políticas e actuacións en materia de vivenda e solo empresarial, unha contía histórica para o departamento e que supón incrementar un 21% os fondos destinados a esta materia en 2023.

Ángeles Vázquez incidiu en que as políticas residenciais e o asentamento e consolidación de iniciativas empresariais na Comunidade serán un dos piares da acción do Goberno galego para o próximo exercicio, unha aposta que se verá reflectida tamén cuantitativamente a través dun esforzo investidor sen precedentes neste eido nos últimos anos.

Cun orzamento global para 2024 de 514,8 M€, sumando as partidas de todas as direccións xerais, organismos públicos e sociedades dependentes do seu departamento, Ángeles Vázquez explicou que, xunto ás políticas de vivenda, a sostibilidade, a protección do medio ambiente e o urbanismo responsable e respectuoso coa contorna serán os eixos prioritarios que marcarán os principais investimentos e proxectos a impulsar de cara ao vindeiro ano.

Fonte.- Xunta de Galicia