Vigo alcanza un novo récord en vivendas vacacionais | Observatorio de Vivenda

Vigo alcanza un novo récord en vivendas vacacionais

Vigo alcanza un novo récord en vivendas vacacionais

A proliferación de vivendas vacacionais en Vigo, derivada do boom turístico na cidade, alcanza un novo récord de visitantes, segundo o rexistro de empresas e actividades turísticas da Xunta de Galicia. Son actualmente 1.634 as vivendas deste tipo, cando en abril de 2023 eran 1.055. As vivendas de uso vacacional crecen de media en 2 ao día, o que, proxectando os datos, significaría que Vigo pecharía 2024 con máis de 2.200 vivendas vacacionais. 

Segundo os datos actualizados do Instituto Nacional de Estatística, en cantidade de habitacións, superan con creces aos hoteis da cidade, xa que 3.562 son de vivendas vacacionais fronte ás 2.760 habitacións de hoteis. Este sector beneficiase da nova normativa da Xunta que facilita a conversión de locais sen actividade en vivendas. Tamén aumenta o seu uso pola maior rendibilidade e seguridade xurídica e os topes á alza do prezo do alugueiro tradicional, segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein). 

O Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño vincula directamente o aumento de vivendas de uso turístico coa subida dos prezos dos alugueiros, que chegaron a 9,7 euros o metro cadrado en xaneiro segundo Idealista, situándose nun récord histórico. 

Fonte.- Faro de Vigo