Vigo conta co primeiro edificio de vivendas de Galicia con certificación Passivhaus | Observatorio de Vivenda

Vigo conta co primeiro edificio de vivendas de Galicia con certificación Passivhaus

Vigo conta co primeiro edificio de vivendas de Galicia con certificación Passivhaus

O vindeiro xoves 23 de xullo, as 19:00 horas, celebrarase no Club Financieiro de Vigo a charla coloquio 'O primeiro edificio pasivo de Vigo', na que se presentará Colón 11, o primeiro edificio de vivendas de Galicia que conta con certificación Passivhaus. 

Colón 11 albergou durante moitos anos o Hotel Galicia. A súa estrutura é moi estreita, o que definiu o novo proxecto. O inmoble conta agora con sete vivendas de luxo, unha por planta e un tríplex de máis de 350 metros cadrados con terraza. Todas elas dispoñen de aparcamento semiautomático na planta baixa e bodega, no sótano. 

Nas vivendas destaca a división entre a zona de día e a de noite, aproveitando a luz natural da fachada principal para a primeira, mentres que a zona de noite está separada por un patio interior. No deseño de todo o conxunto conviven á perfección formigón e madeira. A principal característica é o seu respeto polo medio ambiente e coa saúde, polo que os seus propietarios poderán disfrutar dun aire puro e renovado as 24 horas do día, grazas o seu sistema de ventilación e a un consume enerxético casi inexistente. 

 

Fonte | Faro de Vigo