Vigo é a cidade galega con maior demanda de vivenda protexida | Observatorio de Vivenda

Vigo é a cidade galega con maior demanda de vivenda protexida

Vigo é a cidade galega con maior demanda de vivenda protexida

O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, listaxe promovida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), co fin de xestionar a vivenda protexida, tanto pública como privada, recolle na cidade de Vigo un total de 4.736 persoas inscritas. A cifra supón un incremento dun 27 por cento con respecto ao inicio de 2018 e duplica os inscritos na cidade de A Coruña, que figura no segundo lugar de cidades con máis demanda. As vivendas promovidas pola Xunta son as máis solicitadas, das cales Vigo conta cun parque de 547 vivendas de promoción pública, na súa maioría xa ocupadas.

Fonte.- Faro de Vigo