Vigo pecha 2023 con 2.262 operacións de compravenda de vivenda, 264 menos que no 2022 | Observatorio de Vivenda

Vigo pecha 2023 con 2.262 operacións de compravenda de vivenda, 264 menos que no 2022

Vigo pecha 2023 con 2.262 operacións de compravenda de vivenda, 264 menos que no 2022

Segundo as cifras da Asociación de Empresas Inmobiliarias de Vigo (Asemi) e a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), a cidade de Vigo pecha 2023 con 2.262 operacións de compravenda de vivenda, 264 menos que en 2022, por un importe aproximado de 339,3 millóns de euros, o que supón un terzo da provincia. Polo tanto, e á espera da entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municial (PXOM), e nun escenario de incremento dos tipos de interese, inflación e encarecemento da financiación, a cidade perde músculo na actividade inmobiliaria. 

O trimestre de máis actividade no sector inmobiliario foi o segundo, con 750 transaccións de vivendas novas e usadas, seguido do último, con 600. No primeiro e o terceiro, rexistráronse cifras similares, con 589 e 587 transaccións, respectivamente. En total, son un 10,5% menos en comparación co ano pasado.

Por primeira vez a maioría das operacións realizáronse sen axuda dun préstamo hipotecario. En concreto, foron máis da metade das operacións de compravenda de vivenda, un 52%. Segundo Benito Iglesias, presidente de Fegein e Asemi, “Isto reflicte a aposta de pequenos e medianos investidores polo mercado da vivenda en Vigo para destinala ao aluguer vacacional, principalmente, pola seguridade xurídica e a rendibilidade”

Fonte.- Faro de Vigo