Vigo propón 1.624 vivendas máis para a súa rehabilitación | Observatorio de Vivenda

Vigo propón 1.624 vivendas máis para a súa rehabilitación

Vigo propón 1.624 vivendas máis para a súa rehabilitación

O concello de Vigo proporá ao goberno ampliar as zonas da cidade recollidas polo programa de axudas a Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). A ampliación recollería 1.624 vivenda máis, agrupadas en 176 edificios, para a súa rehabilitación. Dita ampliación e rehabilitación suporían un investimento aproximado de 50 millóns de euros, dos cales a metade sería cuberta polas axudas correspondentes ao programa. A concesión beneficiaría a 86.000 metros cadrados de vivendas con máis de 50 anos dende a súa construción.

Fonte.- Atlántico