Vigo reúne o maior número de demandantes de vivenda de Galicia: o 40% do total galego | Observatorio de Vivenda

Vigo reúne o maior número de demandantes de vivenda de Galicia: o 40% do total galego

Vigo reúne o maior número de demandantes de vivenda de Galicia: o 40% do total galego

No Rexistro Único de Demandantes de Galicia, figuran xa 6.756 persoas anotadas, 25 máis que hai 10 días, só na cidade de Vigo, case o triplo da seguinte cidade da lista, A Coruña, con 2.323 e seis veces máis que Pontevedra. O dato continúa en aumento á vez que soben os prezos dos aloxamentos. A cifra da cidade olívica representa o 40% do total da comunidade galega, que se eleva aos 18.093.

Para lograr unha vivenda a prezo taxado, en Vigo, haberá que ter paciencia, pois desde 2009 só construíronse 44 pisos de protección oficial na cidade, feitos pola Xunta en dúas parcelas cedidas polo Concello. Esta escasa construción de propiedades deste tipo é, segundo o Alcalde da cidade, o que frea aos vigueses para anotarse no Rexistro Único de Demandantes de Galicia. Segundo indicou onte o Alcalde, a cifra podería superar os 10.000 solicitantes. Esta situación preocupante espera que se alivie tras a aprobación do Plan Xeneral de Odenación Municipal coa construción de máis de 51.000 pisos e casas dos que máis de 14.500 serán de protección.

Isto súmase ao dato ofrecido pola Asociación de Empresas Inmobiliarias de Vigo (Asemi) e a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), que presenta que máis de 68.000 unidades familiares viguesas, polo seu cociente de ingresos, unicamente poden aspirar a unha vivenda de protección oficial en réxime de propiedade ou arrendamento, pois ingresan menos de 30.000 euros anuais.

Fonte.- Faro de Vigo